O vixía
de Tamallancos
¿que hai aquí?
🌤️ o tempo: agora, e gráficas das horas previas
🌦️ o ceo: nubosidade, precipitacións
✈️ avións que voan preto
☁️ (proximamente) webcam do ceo
☢️ (próximamente) radioactividade ambiental
neste momento...
🌡️13.50 ºC
💧 99 % humidade relativa
🌍️ 964.11 hPa
☔ Non chove
🌧️ 0.00 mm na última hora
🌬️ 6.44 Km/h dende o SO
O ceo
O "radar"
Non hai ningún radar como tal.
Os avións envían de forma continua -e en aberto- moitos datos para evitar accidentes, tales coma a súa posición, altitude e velocidade mediante sinais de radio ADS-B (Automatic Dependent Surveillance–Broadcast). Estes sinais poden ser recibidos por receptores VHF similares aos de ver a TV no ordenador, que decodifican a información e permiten seguir os voos en tempo real. Os usuarios ademáis soen compartir os datos que reciben con servicios públicos.
O mapa de asquerda está centrado en Tamallancos e permite ver os voos que pasan nun radio dunhas 25 millas náuticas. Se pinchas nalgún avión poderás ver máis datos del.
Sitios aos que comparte datos o meu receptor ADS-B (e estadísticas)
A estación meteorolóxica
A estación meteorolóxica Ecowitt Wittboy recolle datos en tempo real mediante diversos sensores sen fíos. Mide parámetros como temperatura, humidade, presión atmosférica, velocidade e dirección do vento, precipitacións e radiación solar. Ademais, incorpora un detector de raios que rexistra actividade eléctrica na zona.
Todos estes datos envíanse ao concentrador central e posteriormente á nube, permitindo consultar a información detallada desde calquera dispositivo conectado.
Sitios aos que comparte datos a miña estación
un pouco de min
Son enxeñeiro informático de formación e profe de FP da familia de Informática e Comunicacións por vocación; actualmente no IES Chan do Monte (Marín).
E tamén un apaixonado de facer deporte -especialmente as artes marciais-, das viaxes longas en moto, da fotografía, e de experimentar coas Tecnoloxías da Información.
formación
[2019-now!] Profesor de Informática (ensino público)
[2017-2019] Profesor de Informática (ensino privado)
[2015-2019] Product & Marketing Manager
[2008-2015] IT Project Manager (sector IT)
[2005-2008] Fullstack web dev.experiencia
[2021] B2 Galego (EOI Vigo)
[2019] C1 Inglés (EOI Vigo)
[2016] Máster Uni. Dir. Comercial y Marketing (UDIMA)
[2006] CAP (UVigo)
[2005] Ingeniería de Sistemas (UDC)outros
Cinturón negro de Kickboxing
Cinturón negro de Aikido
Solfeo + Piano (10 años)
Se che interesan os proxectos de programación, sistemas, etc. visita a miña páxina "de profe"!
Se queres contactar conmigo, a unica forma é que me envíes unha mensaxe a través do meu perfil "de profe" en Instagram.